Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO PAGOU XA MÁIS DE 518.000 EUROS EN FACTURAS A PROVEDORES, SÓ UN DÍA DESPOIS DE QUE O BOP PUBLICARA A APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA NECESARIA

O Boletín Oficial da Provincia recolleu onte a aprobación definitiva da modificación do orzamento municipal que permite axilizar o pago de facturas a proveedores en Ortigueira. O importe total das facturas que se aboarán é de 523.144,46 euros. A intención do goberno con esta medida -que contou co apoio da corporación- é facilitar a liquidez das empresas e autónomos que prestan servizos ao Concello. No día de hoxe, despois da realización dos trámites regulamentarios por parte da Intervención e a Tesourería municipais, asináronse xa ordes de transferencia bancaria pola cantidade de 518.192,46 euros.

Ademais, no día de onte aprobouse -a través de resolucións da Alcaldía- o pagamento de 4.813,65 euros correspondentes a subvencións concedidas para creación e mellora de pemes e micropemes, cartos que hoxe mesmo foron transferidos aos seus destinatarios.

Segundo explicou o alcalde, Juan Penabad Muras, nos vindeiros días tramitaranse os pagamentos restantes correspondentes a esta liña de axudas que ten como beneficiarios aos pequenos empresarios e empresarias de Ortigueira na súa anualidade correspondente a 2019.

Back to top