Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello organiza un concerto para celebrar o 800 aniversario de Afonso X O Sabio

O Concello de Ortigueira organiza para o vindeiro 9 de setembro un concerto para celebrar o 800 aniversario de Afonso X O Sabio. Será na Igrexa de Santa Marta e protagonizado polo músico Carlos Núñez ás 20:30 horas.

O Concello pon a disposición das persoas interesadas a reserva de entradas, cuxo máximo serán de dous tiquets por persoa ou enderezo electrónico, en dúas modalidades.

Por unha banda, a través do correo electrónico ortigueiracultura@gmail.com desde o 30 de agosto ás 10:00 horas, indicando o nome ou nomes das persoas que asistirán.

Ou ben de xeito presencial, que poderán ser retiradas a partir do 31 de agosto nas oficinas do Consistorio en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Ca finalidade de evitar asentos libres, dez minutos antes da hora do concerto poranse a disposición do público de agarda as entradas devoltas ou os billetes dos asentos que non estean ocupados á hora límite de entrada ao concerto, as 20:15 horas. A apertura de portas será ás 19:30 horas.

Haberá unha zona reservada para persoas con cadeiras de rodas. Esta situación deberá ser indicada no momento de realizar a reserva.

O recital será totalmente de balde e agradecemos a devolución das entradas non caso de non ser posible a asistencia.

Back to top