O Concello obtén 90.850 euros de axuda da Consellería de Política Social para a promoción da igualdade neste 2024
O Concello de Ortigueira obtivo unha subvención por un importe de 90.850,93 euros da Consellería de Política Social e Promoción da Igualdade para a promoción da igualdade neste ano 2024. A concesión foi publicada hoxe, xoves 2 de maio, no DOGA.
En concreto, o Concello contará con estas partidas:
- 60.000 euros para o Programa de Apoio aos CIMs que financia o custo de persoal (avogada e psicóloga do CIM).
- 28.122,93 euros no Programa do Plan Corresponsables no ámbito local que abarca el Programa de Conciliación Municipal Conciliortigueira.
- 2.728 euros para o Programa de Promoción de Igualdade e Prevención da violencia.