Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO MELLORA O ACCESO PRINCIPAL Á PRAIA DE MOROUZOS CUNHA PASARELA DE 120 METROS

O Concello de Ortigueira mellora os accesos á praia de Morouzos coa instalación de 120 metros de pasarela desde o piñeiral ata o areal. A iniciativa contou cun orzamento municipal de 17.900 euros.

As obras para mellorar este roteiro acaban de finalizar e permitirán que este verán os peóns e peatonas poidan contar cun novo espazo acondicionado para transitar pola zona e acceder a través da entrada principal á praia.

A plataforma conta cunha parte fixa de madeira tratada cunha largura de 60 metros e outra móbil co mesmo tamaño. A primeira conta cun ancho de dous metros e medio e a segunda de dous metros. . “A parte móbil chegará ata o areal e retirarase durante o inverno ou cando as condición meteorolóxicas sexan malas”, indicou o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras.

Con esta medida o equipo de goberno local segue acondicionando os espazos naturais do municipio, neste caso dunha das praias máis visitadas do concello na tempada estival.

“Unha actuación á que pretendemos darlle continuidade no futuro, ampliando a plataforma para crear un sendeiro peonil polo que poidan discorrer as persoas que se acheguen á contorna de Morouzos” sinalou Penabad Muras.

Back to top