Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Ortigueira vai adquirir un novo camión non compactador para a recollida de lixo e unha biotrituradora transportable

  • O investimento para comprar esta nova maquinaria ascende a 64.028€
  • Juan Penabad: “a adquisición desta nova maquinaria vai facilitar en boa medida o traballo dos empregados á hora de seguir mantendo o noso municipio limpo e coidado”

O Concello de Ortigueira disponse a adquirir un novo camión non compactador para a recollida de biorresiduos e unha biotrituradora transportable para triturar in situ os restos vexetais.

A compra de ambos os instrumentos supoñerá para o ente municipal un investimento total de 64.028€.

O camión unirase á frota de vehículos de recollida de biorresiduos, facilitando os labores de limpeza de viais e rúas do municipio.

A biotrituradora mellorará o potencial do equipo de recollida de lixo.

En palabras do alcalde, Juan Penabad, “a adquisición desta nova maquinaria vai facilitar en boa medida o traballo dos empregados á hora de seguir mantendo o noso municipio limpo e coidado”.

“Unhas rúas limpas melloran a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas e crean un impacto visual positivo, por iso desde o noso equipo de goberno facemos todo o posible para dotar aos equipos de limpeza do material necesario para que isto se siga mantendo” engadiu o rexedor.

 

Back to top