Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Concellería de Igualdade convoca unha serie de cursos en Ortigueira no mes de Outubro

A Concellería de Igualdade dentro da Área de Saúde e Benestar Social, convoca os seguintes cursos no mes de OUTUBRO:

OBRADOIRO DE EXERCICIO E OCIO SAUDABLE NA TERCEIRA IDADE
Lugar de celebración: Centro Social San Adrián. Ortigueira
Data: 11 de outubro de 2022
Horario: 17.00 – 21.00 horas

USO AXEITADO DOS MEDICAMENTOS
Lugar de celebración: Centro de Participación Social San Roque. Ortigueira
Data: 20 de outubro de 2022
Horario: 17.00 – 21.00 horas

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS
Lugar de celebración: Centro de Formación de Ortigueira
Data: 18 de outubro de 2022
Horario: de 16.00 a 20.00 horas

Os cursos organizados pola Escola Galega de Saúde para cidadáns e coordinados polo persoal do CIM. Están dirixidos a pacientes, coidadores non profesionais e para a cidadanía en xeral.
As prazas están limitadas a 15 persoas (reservas 5), e a inscrición pode realizarse directamente na plataforma da escola ou no servizo do CIM de Ortigueira.

Back to top