Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Ortigueira recupera a actividade “Xanelas do Nadal” para este 2022

  • A actividade pretende fomentar a relación entre veciños nos días previos ás festas de nadal
  • O prazo para inscribirse finaliza o próximo 30 de novembro

O Concello de Ortigueira, tras o parón pola pandemia, recupera a celebración da actividade “Xanelas do Nadal”, para fomentar a relación entre veciños nos días previos ás festas de nadal.

A actividade consiste en decorar as xanelas da propia casa. Cando a estas lles toque iluminarse convídase os veciños e veciñas a compartir unha bebida e algo de picar – na medida das súas posibilidades-.

As xanelas iríanse alumando por números, ata completar o calendario de advento no mes de decembro ata noiteboa.

Para inscribirse e poder participar no programa, as persoas interesadas poden mandar un correo á dirección de correo electrónico ortigueiracultura@gmail.com, ou ben chamar ao número de teléfono 981.400.000.

Tamén é posible que una mesma comunidade de veciños se poña de acordo para participar conxuntamente.

O prazo para inscribirse finaliza o vindeiro mércores 30 de novembro.

Desde o Concello de Ortigueira animan a participar a todos os veciños do municipio, dando luz e cor á entrada do nadal deste ano 2022.

Back to top