Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Escola de Música do Concello de Ortigueira (EMCO) prepara unha programación especial para os meses de novembro e decembro na súa canle de Youtube

  • Programaranse un total de 6 sesións, que inclúen 2 paseos musicais e unha visita virtual a través de diferentes enclaves do municipio
  • O director da EMCO, Carlos Diéguez, impartirá unha webinar de estratexias de comunicación para asociacións musicais

A Escola de Música do Concello de Ortigueira (EMCO) prepara unha programación especial para os meses de novembro e decembro na súa canle de Youtube.

Un total de 6 sesións, entre as que se inclúen 2 paseos musicais, unha visita virtual e unha webinar informativa, que se celebrarán cada mércores ata final de ano.

Os paseos musicais, que continuarán en posteriores ciclos, teñen a intención de mostrarnos os lugares emblemáticos do municipio, como os barrios, parroquias ou os edificios indianos a través de diferentes pezas musicais.

O programa dará comezo o día 23 de novembro co paseo musical por O Ponto e Campo da Torre; continuando o día 30 coa interpretación a Mandolina de Guigue BMW 1007, de J.S. Bach, a cargo do profesor da Escola de Música Xurxo Iglesias.

O mércores, 7 de decembro, celebrarase a webinar impartida por Carlos Diéguez, director da Escola de Música, sobre estratexias de comunicación para asociacións musicais.

O 14 de decembro retomaranse os paseos musicais polo Porto e os xardíns Xulio Dávila; ademais, o día 21 de decembro, levará a cabo un paseo virtual polo Concello a través da ópera Carmen.
Por último, o mércores 28 de decembro, realizarase unha homenaxe a Alfonso X o sabio, neste ano tan especial polo aniversario do seu nacemento, coa interpretación da Cantiga nº 100 de Santa María ‘Strela do día’.
Back to top