Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA COLABORA NUN CLÍNIC DE HORSEBALL O DÍA 15 NA GRANXA DO SOUTO

O Concello de Ortigueira colabora no clínic de iniciación ao horseball que se desenvolverá o día 15 de marzo no Club Hípico Granxa do Souto coa participación do xogador profesional Alejandro Alonso Estévez e da Federación de Hípica Galega.

A actividade terá lugar desde as once da mañá ás seis da tarde e é preciso inscribirse con anterioridade no teléfono 654 576 360 ou a través do correo electrónico info@granxadosouto.es.

O precio do clínic é de 30 euros e inclúe a equipación extra necesaria. O aluguer do box é de 20 euros por día, o cabalo 15/día e hai posibilidade de aloxamento na granxa do 14 ao 15 de marzo (15 euros incluíndo almorzo).

Alejandro Alonso Estévez é xogador de horseball no equipo de La Muralla e foi cinco veces campión galego na categoría de Elite Mixto.

Back to top