Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello amplía dúas horas o horario de apertura dos establecementos de lecer e restauración durante estas festas

  • Esta medida aplicarase durante os días 30 e 31 de decembro de 2022, e o 5 de xaneiro de 2023
  • Juan Penabad incide na necesidade de incrementar os horarios “posto que son unhas datas nas que medra considerablemente o traballo para este sector no municipio”

O Concello de Ortigueira considera necesario ampliar, en todo o termo municipal, os horarios xerais de apertura dos establecementos de restauración, lecer e cafés.

O obxectivo é apoiar aos propietarios dos negocios de hostalería e restauración, que dinamizan económica e socialmente a vida municipal, así como o interese en favorecer o movemento asociativo, que fai posible a celebración de moitos eventos, o cal se debe compatibilizar coas normas de contaminación acústica e co funcionamento dos servizos públicos.

Os locais poderán pechar dúas horas máis tarde as noites do 30 e 31 de decembro de 2022, así como a do 5 de xaneiro de 2023. Quedan excluídos expresamente desta ampliación de horarios os establecementos considerados como salas de festa e discotecas.

Segundo apunta o alcalde, Juan Penabad, “cremos que é necesaria esta ampliación de horarios para os locais de hostalería e restauración, posto que son unhas datas nas que medra considerablemente o traballo para este sector”.

Back to top