O Concello adxudica por 114.832 euros a renovación de tres quilómetros de pistas en Ladrido
- Os camiños de Castros a Cancelas, de O Campo a Alto do Gandareiro e de Outeiro a Vilacoba serán obxecto dos traballos de aglomerado en quente.
- “Deste xeito contaremos con estradas en bo estado, pintadas, sinalizadas e con firmes de calidade”, sinalou o alcalde, Juan Penabad Muras.
- O financiamento dos traballos enmárcase no Plan Único da Deputación da Coruña.
O Concello de Ortigueira adxudica por 114.832 euros as obras de renovación de tres quilómetros de pistas na parroquia de Ladrido. As actuacións teñen como obxectivo mellorar a seguridade viaria no rural do municipio e ofrecer un servizo de comunicacións adecuado. As tarefas estarán financiadas con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña.
As tarefas permitirán acondicionar o firme e renovar a sinalización na pista que conecta Castros con Cancelas, a de Ou Campo a Alto do Gandareiro e a de Outeiro a Vilacoba, preto de 3.000 metros de estradas. Deste xeito, incrementarase a seguridade en itinerarios moi utilizados polos veciños e veciñas, e que na actualidade contaban con certos problemas debido ao seu uso, ao paso do tempo e ás inclemencias meteorolóxicas.
“Deste xeito contaremos con estradas en bo estado, pintadas, sinalizadas e con firmes de calidade. Iremos completando todas as do Concello. Os veciños e veciñas do rural teñen os mesmos dereitos que vos que vivimos non pobo”, sinalou o alcalde, Juan Penabad Muras.
O rexedor incidiu na importancia de “contar con conexións seguras, en óptimo estado para a circulación rodada e peonil”, e confirmou que as actuacións sinaladas “ farán do noso municipio un lugar máis vertebrado, polo que circular sen rochas”.