Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello abre este xoves 2 de maio o prazo de preinscripción de ‘Almorzos na Escola’ para o curso 2024/25

O Concello de Ortigueira, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, abre este xoves, 2 de maio, o prazo de preinscrición no servizo de ‘Almorzos na Escola’ para o próximo curso escolar 2024/25. Esta iniciativa, integrada dentro do programa municipal de conciliación ‘Conciliortigueira’, ofrece unha solución a aquelas familias que necesitan coordinar a vida familiar e laboral, ocupándose dos e as menores en horario de 7:30 a 9:30 horas, previo ao comezo da xornada escolar.

As familias que estean interesadas neste servizo deberán facer unha preinscrición no Rexistro do Concello ou na sede electrónica desde este xoves, 2 de maio, ata o día 15 do mesmo mes. Desta forma, o alumnado do CEIP José María Lage, ademais de poder almorzar no propio centro, aprenderá sobre hábitos de alimentación saudable e participará en actividades de fomento e a educación en igualdade. Do mesmo xeito que en edicións anteriores, ofértanse tres modalidades diferentes do servizo: a diario con xantar; a diario sen xantar; ou días soltos con xantar.

Pódese obter máis información no Centro de Información á Muller (CIM) de Ortigueira, no Centro Social ou no teléfono 981 402 542.

O programa ‘Conciliortigueira’, que está cofinanciado entre o Concello de Ortigueira e a Consellería de Política Social e Promoción dá Igualdade, non soamente ofrece este servizo de xantar durante o período lectivo. A actividade ‘Sen Cole non Cole’ tamén se integra dentro desta iniciativa e ofrece un servizo de conciliación laboral e familiar durante os períodos non lectivos como o Nadal ou a Semana Santa.

IMPRESO PREINSCRIPCIÓN CURSO 2024_2025

Domiciliacion bancaria ALMORZOS

Back to top