Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLEIRO DE MEDIO RURAL DESTACA A IMPORTANCIA DA APICULTURA NO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E A DEFENSA DO CONTORNO NATURAL

O concelleiro de Obras, Servizos e Medio Rural de Ortigueira, Juan Cao, inaugurou esta mañá o curso de apicultura organizado pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) en colaboración co Concello no centro social de San Adrián. As sesións teóricas, que tratan sobre a reprodución do apiario, desenvólvense hoxe e terán continuidade cunha parte práctica no mes de maio.

Cao felicitou ao grupo de traballo de AGA Ortegal e lembrou que este ano a entidade cumpre o seu 30º aniversario o que a converte na decana das asociacións de apicultores de toda Galicia. O concelleiro dixo que a apicultura é “unha aliada para o desenvolvemento económico e a defensa do noso contorno natural” e salientou a importancia das abellas porque a súa actividade “repercute na biodiversidade, a paisaxe e medioambente do planeta, na produción vexetal e gandeira e na cadea alimentaria”.

Por último agradeceu a AGA que manteña viva a Feira do Mel e tamén que teña innovado no 2017 coa adicada ao mel e a mazá, que tamén se celebrará este ano.

Back to top