O CIM DE ORTIGUEIRA ANIMA ÁS MULLERES A PARTICIPAR NO PLENO FEMININO QUE SE CELEBRARÁ O 8 DE MARZO
O Centro de Información á Muller de Ortigueira ten aberto ata o vindeiro día 28 de xaneiro o prazo para participar no Pleno de Mulleres que terá lugar no Concello o día 8 de marzo con motivo da celebración do Día da Muller.
Trátase dunha iniciativa encamiñada a dar voz á poboación feminina, escoitar directamente as súas demandas e debatelas.
O Centro de Información á Muller anima ás veciñas de Ortigueira a participar nesta actividade, para o que terán que se poñer en contacto con este organismo a través do teléfono 981 402 542 ou enviando un correo electrónico a adopico@concellodeortigueira.com ou rblanco@concellodeortigueira.com.