Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O ALCALDE DE ORTIGUEIRA XESTIONOU ENTRADAS GRATUÍTAS PARA QUE NENOS E NENAS FEDERADOS POIDAN ASISTIR AO TROFEO TERESA HERRERA

Nenos e nenas de Ortigueira pertencentes ao Club de Fútbol da localidade e federados como practicantes de fútbol base poderán acceder a entradas gratuítas para asistir ao Trofeo Teresa Herrera de fútbol a través da xestión realizada polo alcalde e deputado provincial, Juan Penabad Muras, diante da Deputación.

O partido disputarase o vindeiro día 14 de novembro entre o Deportivo e o Athletic Club de Bilbao e será este venres, día 9, ás 13 horas, cando se celebrará o sorteo das devanditas entradas no salón de plenos do Concello. No acto no que se procederá a rifar as localidades para asistir ao encontró estarán presentes o secretario municipal e o técnico de Deportes, ademais do alcalde e membros da xunta directiva do club de fútbol.

Back to top