Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O ALCALDE DE ORTIGUEIRA PIDE COLABORACIÓN Á VECIÑANZA DIANTE DA INCIDENCIA DA COVID-19 E PON DOUS TELÉFONOS (DÍA/NOITE) A DISPOSICIÓN DOS AFECTADOS PARA AXUDARLLES NO CONFINAMENTO

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, demanda colaboración á veciñanza do municipio diante da incidencia que está tendo a Covid-19 na localidade. Segundo a información que manexa, hai un foco con 14 positivos, o máis importante desde que comezou a pandemia, polo que -ao tempo que pide tranquilidade- recomenda elevar ao máximo as medidas de precaución.

Muras comunica que se están realizando probas ao contorno social e familiar de cada persoa positiva, tal e como establece o protocolo sanitario, e que o importante nestes momentos é a trazabilidade dos contaxios, detectar a todos e todas os infectados para poñelos en illamento e poder así controlar o avance do virus. Neste sentido invita a calquera que tivera estado en contacto con algún positivo a quedar na casa e, no caso de ter síntomas, a que chame ao centro de saúde, onde se valorará a realización da correspondente proba. O máis importante, insiste, é non acudir persoalmente.

O alcalde pon o Concello a disposición dos responsables sanitarios e das persoas afectadas para axudar no confinamento. Así, habilítanse dous números de teléfono para as persoas que precisen facer compras de alimentos, retirar basura ou outras necesidades durante as 24 horas. De día estará en servizo o 604002167, e de noite o 603473044. A partir do luns habilitarase un segundo teléfono para o horario de día.

Muras pide á veciñanza e visitantes que sexan responsables para manter esta situación baixo control e que non sexa necesario dar pasos atrás e adoptar medidas máis drásticas.

Entre as medidas que hai que seguir están:

  • Evitar as reuniones grupais con amizades ou familiares non convivintes ata que se estabilice a situación.
  • Non participar en xogos de mesa para evitar a manipulación de obxectos por diferentes persoas.
  • Permanecer na casa o maior tempo posible e non saír se se ten algún síntoma.
  • Evitar as aglomeracións.
  • Manter a distancia de seguridade.
  • Utilizar sempre a máscara.
  • Cumprir coa hixiene das mans.

O alcalde lembra que a Policía Local vixilará o cumprimento das medidas establecidas en cada momento polas autoridades sanitarias, sancionando a quen as incumpra.

Por último, Muras quere trasladar unha mensaxe de tranquilidad insistindo, porén, na necesidade de que todos e todas axuden a controlar a situación.

Back to top