Para facer uso do lume en terreos agrícolas, forestais e zonas de influencia forestal, sempre fóra da época de perigo alto de incendios, é obrigatorio dispoñer da correspondente comunicación ou autorización de queima.
Debe realizarse a comunicación previa de queima:
- Para a queima de restos agrícolas amoreados: cunha antelación mínima de dous días. Este trámite pode facerse:
Chamando ao 012.
IR Á LIGAZÓN Trámite de comunicación de queimas por internet
Debe presentarse a autorización de queima:
- Para a queima de restos forestais amoreados: cunha antelación mínima de sete días. Este trámite pode facerse:
Chamando ao 012.
- Para queimas controladas: cando para a súa realización deba contarse coa presenza de persoal técnico autorizado para a xestión das queimas e con equipos de extinción de incendios, debe presentarse cunha antelación mínima de sete días.
Prescricións á hora de realizar queimas:
a) A queima non se iniciará antes de saír o sol e quedará totalmente extinguida dúas horas antes do momento da súa posta.
b) Previamente ao seu inicio, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de polo menos cinco metros de largo, rodeando o perímetro que se vai queimar.
c) Non poderá iniciarse ningunha queima cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento. Así mesmo, se iniciados os traballos se producise a aparición de vento, suspenderase inmediatamente a operación procedendo a apagar o lume.
d) Non se abandonará a vixilancia da zona queimada, ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.
e) En toda queima autorizada deberase contar co persoal e co material suficiente para o seu debido control. Dado o elevado risco que supoñen este tipo de queimas para a seguridade e saúde do persoal que as leva a cabo, en ningún caso se poderán realizar individualmente, mesmo no caso de que a súa extensión sexa pequena e en principio se considere que o risco é mínimo.