O Instituto Ortegano de Promoción Económica é o compromiso do Concello de Ortigueira na procura dun dinamismo económico e social que xere novas oportunidades económicas e de emprego, con apostas como as de desenvolver campañas de promoción do comercio de proximidade, promocionar e apoiar aos empresarios e autónomos, ou desenvolver políticas de mellora da formación e as habilidades co fin de aumentar as posibilidades de acadar un emprego, melloralo e incluso na procura de innovación a través das novas tecnoloxías.
En resumo, apoiándose na realidade de Ortigueira como referente turístico e cultural, este departamento ten como finalidade planificar e desenrolar as políticas municipais de desenvolvemento económico no marco social actual, con 3 áreas principais:
- DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, colaborando cos emprendedores e emprendedoras na posta en marcha do seu proxecto así como na súa consolidación con asesoramento e liñas de axudas para a financiación.
- EMPREGO, onde se busca dar resposta aos veciños e veciñas pondo en marcha actuacións como plans de emprego, servizo de orientación ou plans formativos.
- PROXECTOS, no que lévase a cabo o estudo de grandes proxectos para o Concello, aproveitando as oportunidades e mecanismos de financiamento europeos e doutras administración.
Nas seguintes ligazóns, pode descargarse 2 boletíns nos que se presenta o análise do entorno e o estudo de liñas de axudas públicas para asentarse en Ortigueira tanto desde unha perspectiva xeral coma do sector mariñeiro-pesqueiro.