Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ÉXITO DA CHARLA TEATRALIZADA SOBRE IGUALDADE

Dentro dos actos organizados pola Concellería de Igualdade de Ortigueira con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, alumnado e profesorado do IES de Ortigueira tiveron a oportunidade de asistir á charla teatralizada “O día que as mulleres gobernemos o mundo, todo será distinto”. A iniciativa -que tivo un gran éxito- é froito do traballo conxunto da compañía Chévere e a consultora Promove e utiliza o teatro como ferramenta pedagóxica para difundir entre os escolares a importancia da igualdade como valor fundamental.

O domingo 8 terá lugar o acto central das actividades de conmemoración desta data, coa celebración do XI Encontro de Mulleres no restaurante Orillamar de Espasante, que dará comezo ás 13.30. O luns 9 rematarán as iniciativas cun programa de autocrecemento para mulleres con discapacidade que terá lugar no Centro Social de Ortigueira desde as 10.30 horas. Todos estes días poderase visitar tamén no claustro baixo do Concello a exposición “Mulleres cambiando o mundo”.

Back to top