Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CURSO DE SKETCHUP NA AULA CEMIT NO MES DE MAIO

Curso na Aula CeMIT de Ortigueira co fin de que os asistentes aprendan os conceptos básicos do deseño 3D co programa máis intuitivo. O curso realizarase os días 20, 21, 23, 27, 28, 29 de maio de 10.00 horas a 12.00 horas, e celébrase por videoconferencia desde a aula CeMIT de Santa Comba.

Os contidos do curso serán:

  • Deseño con Sketchup
  • SketchUp primeiros pasos
  • Ferramentas de debuxo
  • Ferramentes de modificación
  • Importar arquivos (DWG/DXF)
  • Imaxes e Texturas
  • Visualización: Sombras, Escenas e Estilos
  • Uso de 3D Warehouse
  • Uso da versión online de Sketchup
  • Ampliando SketchUp: Plugins básicos.

O curso require inscrición previa. As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar a súa inscrición:

Rúa Márquez Cortiñas, s/n.
Teléfono: 981 402 533.
Correo: cemit.ortigueira@xunta.es

Back to top