Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

“CONTOS DE MONSTROS” NA BIBLIOTECA DE ORTIGUEIRA

A biblioteca municipal ten aberto o prazo de inscrición para tomar parte nas actividades incluídas no programa “Contos de monstros”, que se desenvolverán nas devanditas instalacións os días 7, 14 e 21 de novembro. Este mércores os contos están dirixidos a nenos e nenas de 3 e 4 anos, a semana que vén serán para idades entre 5 e 6 anos e, por último, o día 21 están pensados para a rapazada a partir de 7 anos. As inscricións pódense facer na biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981 400 101.

Back to top