Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CONTINÚA O CICLO “MÚSICA PARA A VIDA” E CHEGA AO TEATRO DE BENEFICENCIA A ÓPERA “LA TRAVIATA”

A programación cultural de Ortigueira continúa hoxe venres co ciclo Música para a Vida, organizado en colaboración coa Escola de Música e que percorre diferentes lugares do municipio. Nesta ocasión é a quenda do Centro Social de Loiba, onde ás 18.30 horas haberá un concerto de guitarra, voz e coros.

As próximas citas serán o 2 de xuño en Couzadoiro (piano), o 9 no Ermo (vento e madeira) e o 16 no Teatro de Beneficencia, co festival de fin de curso a partir das 19.00 horas.

O sábado 26 actuará en Ortigueira a Camerata Lírica de España, que levará ao Teatro de Beneficencia o concerto escenificado “La Traviata”, de Verdi. Baseada en “A dama das camelias”, de Dumas, é a ópera máis representada nos últimos anos nos teatros do mundo. Dará comezo ás 20.00 horas e o prezo da entrada é de 3,50 euros.

Back to top