Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO O VENRES EN ORTIGUEIRA

O Centro de Información á Muller de Ortigueira convoca para o vindeiro venres 23 de novembro ás 12 do mediodía unha concentración contra a violencia de xénero.

Terá lugar diante do Concello e inscríbese dentro dos actos do 25-N e da campaña Ortigueira en Negro. Na concentración darase lectura a un manifesto contra a violencia de xénero. Recoméndase asistir con vestimentas negras.

Back to top