Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Comunicación de situación de risco en relación á influenza aviaria en aves

Renovación dni

Tendo en conta o risco de circulación do virus da Influenza Aviaria de Alta Patoxenicidade (IAAP) en aves, a Xunta de Galicia comunicoulle ao Concello de Ortigueira que o municipio se atopa en Zona de Especial Vixilancia (ZEV), polo que desde o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), decidiuse a semana pasada equiparar as medidas de bioseguridade a aplicar nestas zonas en todo o país para calquera tipo de explotación avícola, sexa industrial, familiar ou de autoconsumo. Aplícanse as seguintes medidas:

  • Prohíbese a cría de aves ao aire libre.
  • Queda prohibida a cría de parrulos, ocas e gansos xunto con outras especies de aves de curral
  • Prohíbese darlles ás aves de curral auga procedente de depósitos superficiais, fontes ou outras orixes ás que puideran ter accedido aves silvestres
  • Os depósitos de auga de subministro para as aves domésticas, que puidera haber no exterior, deberán ser protexidos para impedir que poidan accede as aves silvestres ou as súas dexeccións
  • Quedan prohibidas as concentracións de aves de calquera tipo, comerciais ou non
  • É obrigatoria a inscrición dos currais familiares de autoconsumo no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas da Consellería do Medio Rural

A Xunta tamén sinala as seguintes recomendacións:

  • As persoas relacionadas con granxas avícolas comerciais que posúan tamén unha explotación avícola de tipo curral familiar, deben evitar ter contacto con aves dunha e outra explotación sen previamente tomar as axeitadas medidas de bioseguridade.
  • As persoas titulares ou traballadoras en explotacións ou titulares de currais familiares de calquera tipo, se realizen actividade cinexética de caza menor de aves, deben manter as adecuadas prácticas de bioseguridade unha vez finalizada a actividade cinexética.

Desde a Administración autonómica sinalan a importancia de que calquera sospeita de influenza aviaria se comunique de inmediato aos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural, directamente ou a través dun veterinario. Tamén se informa de que o serotipo do virus IAAP circulante actualmente é o H5N1, cunha elevada mortalidade entre as aves, pero sen evidencias de potencial zoonótico (e dicir, de transmisibilidade ás persoas).

COMUNICADO EN RELACIÓN Á INFLUENZA AVIARIA EN AVES

Back to top