Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Axenda cultural do mes de xaneiro

A axenda cultural do mes de xaneiro de Ortigueira da comezo o mércores, 5 de xaneiro, coa visita dos Reis Magos de Oriente. Este ano, por motivos de seguridade e para evitar aglomeracións, non haberá recepción real e as Súas Maxestades de Oriente só farán un percorrido polas rúas do municipio coas súas carrozas desde as 18:30 horas antes de comezar a repartir os regalos polos fogares.

Todas as nenas e nenos que non puidesen enviar as súas peticións aos Reis Magos aínda están a tempo de facelo, usando calquera dos dous buzóns reais instalados na Casa do Concello.

A seguinte cita será o venres 28 de xaneiro, coa mesa redonda ‘Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal’, organizada pola Asociación ‘Terras do Ortegal’.

O acto terá lugar no Teatro da Beneficencia e contará coa presenza de José Miguel Alonso Pumar, alcalde de Cariño, Xosé-Lois Armada, investigador do CSIC, Martín Alemparte, coordinador do Xeoparque Montañas do Courel. As intervencións estarán coordinadas pola arqueóloga Vanesa Trevín Pita.

Back to top