Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABRE O PRAZO PARA BENEFICIARSE DA CAMPAÑA “AGASALLOS DE NADAL 2020”

O Concello de Ortigueira abre mañá o prazo de solicitudes para participar no programa “Agasallos de Nadal 2020”, dirixido a familias con nenos e nenas menores de 14 anos ou de 18 se teñen algunha discapacidade, empadroados cunha antigüidade mínima de seis meses e con escasos recursos económicos.

A iniciativa ten como obxectivo fomentar a igualdade dos menores diante da proximidade das festas de Nadal e o prazo de presentación de solicitudes -que terán que tramitarse no rexistro xeral do Concello dirixidas aos Servizos Sociais municipais- está aberto ata o 20 de novembro incluído. O máximo de importe destas axudas será de 50 euros por menor e entregaranse en forma de vale para a compra de xoguetes, libros, roupa ou calzado deportivo ou material relacionado coas novas tecnoloxías. Estas adquisicións realizaranse nos establecementos de Ortigueira adscritos á campaña.

As persoas que desexen beneficiarse desta campaña terán que presentar como documentación o impreso de solicitude; fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte en vigor de cada membro da unidade familiar; fotocopia do libro de familia ou documento que acredite o acollemento; xustificación documental dos ingresos de cada membro da unidade familiar durante o ano 2020; extracto bancario dos últimos seis meses e xustificante dos gastos de aluguer ou préstamo hipotecario da vivenda habitual e de empadroamento. Para máis información, os e as interesados poden dirixirse aos Servizos Sociais a través do teléfono 981 400 000.

DESCARGA PDF BASES “AGASALLOS DE NADAL 2020”

DESCARGA PDF MODELO DE SOLICITUDE “AGASALLOS DE NADAL 2020”

Back to top