Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO PARA SE INSCRIBIR NO CURSO DE BUSCA DE EMPREGO A TRAVÉS DAS TIC E NO XI ENCONTRO DE MULLERES

O Centro de Información á Muller ten aberto o prazo para se inscribir no curso práctico de Busca de Emprego a través das TIC que se impartirá o vindeiro 6 de marzo na Aula CeMIT. Trátase dunha iniciativa incluída dentro da programación do Concello con motivo do Día da Muller que se desenvolverá de 9 a 12.00 horas.

Tamén se poden apuntar as interesadas en asistir ao XI Encontro de Mulleres de Ortigueira, que terá lugar o propio día 8 de marzo no restaurante Orillamar de Espasante, a partir das 13.30 horas.

Back to top