Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE “INXERTO, PODA E COIDADO DE FRUTAIS”

O Concello de Ortigueira, en colaboración con AGA organiza un novo curso, nesta ocasión de inxerto, poda e coidado de frutais, que terá lugar nas instalacións do Centro Social de San Adrián, e será coordinado polo servizo municipal de orientación laboral.

O curso ten un custo de 20 euros e iniciarase o 9 de abril, e dividirase en seis xornadas en horario de tarde. Está aberto a todas as persoas interesadas.

O prazo de inscrición estará aberto do 28 de marzo ao 3 de abril.

A matrícula ten que se realizar nas oficinas do Rexistro Municipal ou a través do rexistro electrónico:

REXISTRO XERAL

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario de atención: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas.

REXISTRO DA SEDE ELECTRÓNICA

Sede electrónica do Concello (require identificación persoal)

Back to top