A ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA COMEZARÁ PAULATINAMENTE E SEGUINDO TODOS OS PROTOCOLOS DE SEGURIDADE AS CLASES DE CONXUNTO INSTRUMENTAL
Primeiramente serán os grupos de música tradicional da EMCO os que volvan as clases este venres.
Para elo e garantir a seguridade nas clases de conxuntos, o Concello dotou a Escola de Música de Mamparas de metracrilato e purificador de aire con filtro hepa. Ademais aplícase unha serie de medidas que denominan capas de protección para facer da EMCO un lugar seguro e agradable.
O director da Escola, Carlos Diéguez, e o Mestre de Grupo Tradicional, Juan Barcón, fálannos no vídeo da volta á actividade e das medidas de protección.
CAPAS DE PROTECCIÓN COVID-19 da ESCOLA de MÚSICA CONCELLO de ORTIGUEIRA
- Uso de Máscaras, Hidroxel e Limpeza de Calzado do alumnado.
- Limpeza e desinfección diaria do edificio. Xeral e entre clase e clase, cunha separación de 15 minutos entre cada unha delas.
- Ventilación Continua da EMCO.
- Ratio de alumnos reducido, duración das clases de conxunto reducidas, distanciamento físico (1,5m – 3 m.)
- Uso de Mamparas de metracrilato para as clases de vento, gaita, conxuntos e canto.
- Uso de Purificador de Aire con Filtro Hepa nas clases de conxunto.
- Sinalización da EMCO con todas as medidas do protocolo Covid e marcación dun circuíto de entrada e saída do edificio.