Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA ANIMA A PARTICIPAR NOS CURSOS ONLINE DE MÚSICA GALEGA QUE COMEZAN ESTA SEMANA

A Escola de Música Concello de Ortigueira (EMCO) presentou unha oferta de cursos online de música galega dirixidos tanto ao alumnado do centro como aos compoñentes das diferentes agrupacións de música e baile tradicional do municipio. Os cursos son os seguintes:

-Gaita, os mércores, desde o 29 de abril ata o 1 de xullo.

-Baile, os xoves desde o 30 de abril ata o 2 de xullo.

-Percusión tradicional, os martes, do 28 de abril ao 30 de xuño.

– Pandeireta e canto tradicional, desde hoxe ata o 29 de xuño.

Todas as clases serán ás 20.00 horas.

A iniciativa inclúese no programa Aula GaliciaAberta da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, que é gratuíto e aínda que inicialmente estaba destinado a promover a cultura galega na emigración agora tamén é posible acceder aos cursos desde Ortigueira. Todas as clases son abertas e non precisan inscrición. A información sobre materiais dos cursos e estructura das sesións pódese atopar neste enlace https://esmuortigueira.wordpress.com/cursos-online-de-musica-galega/

Back to top