Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA ABRE MAÑÁ O PRAZO DE MATRÍCULA E OFRECE POR PRIMEIRA VEZ UNHA MODALIDADE DE ENSINO SEMIPRESENCIAL

A Escola de Música Concello de Ortigueira ten aberto o prazo de matrícula desde mañá martes ata o vindeiro venres 18 de setembro para as 140 prazas que ofrece nos seus 10 módulos e 22 especialidades instrumentais. A matrícula poderase realizar a través da web (https://esmuortigueira.wordpress.com/) ou de maneira presencial no propio centro, de 16.00 a 20.00 horas.

De acordo co Plan de Adaptación á situación Covid-19, a Escola de Música conta con mamparas, purificador de aire, hidroxeles, máscaras e material hixiénico, todo cedido polo Concello para dotar ao centro das maiores garantías. Ademais, establécese que entre clase e clase haberá 15 minutos dedicados a ventilación e desinfección das aulas.

Por vez primeira haberá dúas posibilidades de matrícula, con ensino presencial (instrumento+linguaxe musical+agrupacións) ou semipresencial. Nesta última fórmula, pensada para maiores de 16 anos, as clases de linguaxe musical impartiranse telematicamente. Deste xeito, a EMCO dá a posibilidade de estudar a persoas que por cuestións laborais ou familiares non poden compaxinar a súa actividade cos horarios presenciais da escola.

O centro continuará difundindo a través da súa canle EMCO TV en Youtube e Facebook todo o seu traballo: concertos, directos, entrevistas, etc.

A EMCO é a única escola de música pública oficial recoñecida pola Xunta na comarca de Ortegal e Ferrolterra.

Back to top