A Concellería de Igualdade ofrece un Ecape Room ao alumnado dos centros educativos municipais como parte da programación do 8M
Como parte da programación do 8M, a Concellería de Igualdade ofrecerá o vindeiro luns, 21 de marzo, un Escape Room ao alumnado dos centros educativos municipais.
Territorio Comanche, a empresa a cargo da actividade, proporá aos estudantes a misión de recuperar o fulgor dalgunha das estrelas femininas máis importantes da historia. Mulleres que, por algún motivo, cambiaron o transcorrer do mundo e que merecen o seu lugar no ceo.
Será unha loita contrarreloxo onde os sentidos, a intuición e o traballo en equipo son clave para superar a proba con éxito.
A actividade desenvolverase en horario de mañá no CEIP José Mª Laxe e, no de tarde no IES de Ortigueira.