A Alameda de Ortigueira acollerá os días 4 e 5 de novembro a III Concentración de Camións
- O sábado haberá verbena a cargo do grupo Pasión e a Orquestra Charleston
- Pódense formalizar as inscricións de camións ata o próximo 25 de outubro
O concello de Ortigueira organiza o próximo mes de novembro a terceira edición da Concentración de camións na Alameda.
Os actos comezan o venres 4, ás 19:00 horas, coa recepción e colocación de vehículos na Alameda. A partir das 22:30 horas haberá festa amenizada por un grupo musical.
A xornada do sábado, inaugúrase ás 12:00 horas cun paseo polas inmediacións de Ortigueira. Xa ás 14:30 horas será a quenda para a sesión vermú, que correrá a cargo do Grupo Pasión.
Ao terminar, ás 16:00 horas, será a quenda para o Xantar Popular. Terá un prezo de 22€, excepto para os menores de 10 anos, para os que será gratis. Para apuntarse é necesario facer reservas a través do teléfono 652.005.522 (Fátima Pena).
Ao longo de toda a tarde, haberá inchábeis gratis para os máis pequenos, diferentes sorteos e moitas máis sorpresas.
A partir das 22:00 horas, o broche de ouro ás xornadas poñerao a verbena, que correrá a cargo do Grupo Pasión e a Orquestra Charleston.
Para inscribir os camións é necesario poñerse en contacto a través do número de teléfono 627.215.123 (Carlos Astérix), 630.947.206 (Borja), 610.198.336 (Óscar) e 660.085.670 (Jorge).