Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA CELEBRA O DÍA DE ROSALÍA CUNHA SERIE DE INICIATIVAS ARREDOR DO CALDO DE GLORIA

O departamento de Cultura do Concello de Ortigueira súmase á iniciativa da Fundación Rosalía de Castro para conmemorar o Día de Rosalía, o 24 de febreiro – aniversario do nacemento da poeta- cunha serie de actividades arredor da preparación do “Caldo de gloria”. O colectivo Entre Fogones encargarase de cociñar este caldo na residencia de persoas maiores, utilizando verduras ecolóxicas e contando tamén coa colaboración da carnicería Salgueiro. Pola súa banda, rapaces de Aspromor levarán camelias ao centro, mentres que o alumnado do IES de Ortigueira recitará poemas de Rosalía.

Ademais, catro establecementos do municipio responderon á convocatoria do Concello e terán esta receita nas súas cartas. Son a cafetería Alameda, os mesóns O Malecón e Río Sor e o restaurante Orillamar de Espasante. Aínda se poden sumar outros locais.

Back to top