Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS NENOS E NENAS DE ORTIGUEIRA APRENDERÁN MÁIS SOBRE XAPÓN CUN PROGRAMA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Xapón será o país protagonista das actividades para nenos e nenas que organiza a biblioteca municipal de Ortigueira este mes de febreiro, continuará ao longo de varios meses. Baixo o título “Benvidos a Xapón!” desenvolveranse unha serie de iniciativas que comezarán o vindeiro mércores, día 5, cun contacontos que terá lugar a partir das 17.30 horas para idades de 3 a 5 anos e das 18.30 para seis anos en adiante. O día 12 haberá un obradoiro que tamén está dividido por idades: os pequenos e pequenas de 3 anos están citados ás 17.30 horas, mentres que os de 4 e 5 anos deberán estar na biblioteca ás 18.30.O programa rematará o mércores 19 cun novo obradoiro, neste caso a partir de seis anos, tamén na biblioteca ás 17.30 horas.

Todas as actividades necesitan inscrición previa e contan coa colaboración da Fundación Xapón.

Back to top