Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O PROGRAMA “AULAS DE IGUALDADE” LEVARÁ AO COLEXIO JOSÉ MARÍA LAGE AS CLAVES PARA PREVIR A DISCRIMINACIÓN DE XÉNERO

A Concellería de Igualdade de Ortigueira desenvolverá do 14 ao 23 de outubro a través do Centro de Información á Muller o programa “Aulas de Igualdade”, unha iniciativa que promove unha intervención integral na comunidade educativa do CEIP José María Lage encamiñada a previr a desigualdade e discriminación de xénero, incidindo ademais na importancia da educación emocional.

No programa traballarase co alumnado de infantil e primaria do centro con dinámicas activas e participativas, entre elas contacontos, e haberá unha charla-coloquio coas familias na que coñecerán o traballo que se vai realizar e se darán as claves para a coeducación no ámbito familiar.

“Aulas de Igualdade” é unha iniciativa subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Back to top