Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A ILLA DE MERA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO UNHA NOVA EDICIÓN DA XIRA DO VECIÑO

Os veciños e veciñas de Ortigueira celebrarán un ano máis este sábado, día 24, na illa de Mera a Xira do Veciño, unha xornada de confraternidade e convivencia que ten por obxecto afondar nos lazos que unen aos habitantes do municipio.

A Concellería de Atención ao Veciño, que dirixe Belén Bello Castro, ocúpase por vez primeira da organización da Xira na que, como é habitual, o Concello colaborará con algún detalle gastronómico para completar as merendas que levan as familias. Serán os propios concelleiros e concelleiras, axudados por persoal dos Servicios Sociais e mesmo por algún funcionario, os encargados de servir a comida que aporta a institución municipal. É unha forma máis de relacionarse cos veciños e de coñecer polo miúdo as súas inquedanzas.

Como en anos anteriores, a illa de Mera acollerá nesta xornada, ademais, negocios particulares de venta de churrasco e similares.

Tamén haberá un grupo de animación musical que estará desde pola mañá e, despois dun descanso, volverá á tarde-noite para amenizar a xornada.

Back to top