Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

INTRODUCIÓN A ROBÓTICA NA AULA CEMIT

A Aula CeMIT de Ortigueira acollerá este xoves 29 unha nova xornada de tecnoloxía para rapaces e rapazas, neste caso centrada na robótica. A iniciativa, que se inclúe no programa Techkids -impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia e a axencia autonómica Amtega- está pensada para idades entre os 9 e os 16 anos e consistirá na utilización dun Mbot, un robot comercial que introducirá aos nenos e nenas nas potencialidades da robótica de xeito lúdico. Os e as participantes terán que ir superando pequenos retos e cada un deles instruirá ao alumnado nun algoritmo distinto de programación.

Back to top