Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA ABRIRÁ O PUNTO DE INFORMACIÓN DE LOIBA E AMPLIARÁ O HORARIO DA OFICINA DE TURISMO DURANTE A SEMANA SANTA

O Concello de Ortigueira quere poñer a disposición dos visitantes que se despracen á vila durante estas vacacións toda a información necesaria para a súa estancia e darlles facilidades tamén para coñecer algúns dos principais atractivos do municipio.

A oficina de turismo do Concello de Ortigueira amplía o seu horario durante a Semana Santa e abrirá todos os días 10.30 a 13.00 e de 16.30 a 18.30 horas, agás o luns 15 pola tarde, que permanecerá pechada.

Tamén funcionará durante estas datas o punto de información de Loiba, para atender aos visitantes do acantilado e o “banco máis bonito do mundo”. Neste caso abrirá de xoves a domingo de 10.30 a 14.30 e de 15.30 a 19.30 horas.

A boa acollida que tiveron as visitas guiadas gratuitas ao teatro de Beneficencia na pasada ponte de decembro levaron ao Concello a retomar esta iniciativa ofrecendo dúa diarias entre o luns 15 e o domingo 21, ás 13.15 e ás 19.00 horas. Os e as asistentes -que terán acceso ao conxunto conventual do que forma parte o teatro e á exposición de Álvaro Fernández Polo que se mostra nestes momentos- poderán coñecer así a historia e peculiaridades deste edificio público, unha xoia da arquitectura de estilo italiano.

Back to top