Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

“OITO NACIÓNS, UNHA CULTURA” SERÁ O ESLOGAN DO FESTIVAL DE ORTIGUEIRA

O concello de Ortigueira presentou onte venres en FITUR o Festival do Mundo Celta, acompañados por Nava Castro, directora da Axencia Turismo de Galicia. A cita de 2019, que chega ao seu 41º aniversario, celebrarase do 11 al 14 de julio.

O acto tivo lugar ás 10.20 h no stand de Galicia 9C07 da Feira Internacional de Turismo (Madrid). Nel presentouse o cartel oficial do festival, o avance da programación 2019 e proxectouse o vídeo resumo da edición anterior. Interviron Juan Penabad, alcalde de Ortigueira, Alberto Balboa, coordinador do festival, e Nava Castro, directora da Axencia Turismo de Galicia.

Nava Castro, referiuse ao Festival como un dos eventos que poñen en valor o mellor da nosa cultura. “Resulta imposible entender la historia de los gallegos sin tomar como fuente de inspiración relaciones entre los pueblos con pasado Celta” e destacou a función do festival para poñer en valor o lugar de Galicia no mundo Celta. Tamén aproveitou para felicitar aos organizadores do Festival, por manter viva esta cita “que enriquece Galicia y enriquece a quienes nos visitan” e animou a todos a que asistan a “una de las mejores fiestas de nuestra comunidad”.

Alberto Balboa, deu un avance da programación 2019, adiantando agardados concertos como Gwendal (Bretaña) soves, Moving Hearts (Irlanda) venres, Shooglenifty (Irlanda) e Flook (Escocia) o sábado. E tamén naturalmente a Escola de Gaitas de Ortigueira, fundadora do festival (venres) xunto cos galegos Anxo Lorenzo Band (venres), Tanxugueiras, O Fiadeiro e Leilía (domingo). Iguamente, explicou polo miúdo a programación del festival no teatro, la versión en interior del festival, que se celebra a lo largo de todo el año.

Juan Penabad, pechou o acto facendo referencia ao deseño e orixinalidade do cartel, obra dun ilustrador ortegano, á filosofía e slogan desta edición, todo baixo o significado de unión cultural de 8 nacións e a internacionalización que supón. Por todo elo, “Ortigueira se convertirá entre el 11 y el 14 de julio, en la capital mundial de la cultura celta”. Finalmente, destacou como valores fundamentais deste ano a mirada a Europa, a aposta por la igualdade entre homes e mulleres tamén no Festival, e o aproveitamento e promoción dos recursos propios.

Tanto o cartel desta edición como as pezas audiovisuais están baseados en todos os nexos culturais comúns, especialmente a música, entre as 8 nacións celtas. Baixo o slogan #OitoNacionsUnhaCultura #OchoNacionesUnaCultura #EightNationsOneCulture.

As 8 nacións, Galicia, Asturias, Escocia, Irlanda, Bretaña, Gales, Cornualles e a Illa de Man, aparecen no cartel e no spot desta edición, respondendo á chamada a xuntarse en Ortigueira por parte de Breogán, que representa a Galicia. Este ano, haberá representación de todas elas nas actividades do festival, convertendo á localidade coruñesa durante eses días na capital mundial da música e da cultura celta.

Na seguinte ligazón pode ver unha galería de imaxes da presentación:

Back to top