TRES AGRUPACIÓNS PARTICIPARÁN O SÁBADO NO FESTIVAL DE BANDAS ORGANIZADO POLA BANDA DE MÚSICA DE ORTIGUEIRA
Con motivo da celebración de Santa Cecilia -a patroa da música, que se conmemora cada 22 de novembro- este sábado, día 24, celébrase no Teatro de Beneficencia de Ortigueira o II Festival de Bandas Ricardo Salgueiro, que contará coa participación da Unión Musical de Allariz, o Ateneo Musical da Pobra e a Banda de Música de Ortigueira. A iniciativa, organizada por esta última entidade, conta coa colaboración do Concello e a Deputación Provincial e dará comezo ás 19.30 horas con entrada gratuíta.
Ricardo Salgueiro Penabad (1933-2017) foi un dos principais impulsores da música de banda no Ortegal. Aínda que se iniciou no mundo da música tarde, con 53 anos, fíxose inseparable da súa tuba e convertiuse nunha persoa fundamental para a Banda de Música de Ortigueira, da que tamén foi presidente.
Máis información sobre o evento na axenda da web municipal:
IR Á LIGAZÓN Axenda de eventos – Festival de bandas