Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PRESENTAN NA BIBLIOTECA MUNICIPAL O LIBRO “LOS SOLDADOS DEL TERCIO NORTE Y LAS TRES ESPAÑAS EN LA GUERRA DE CUBA”

A historiadora Ana Isabel Bello Platas presentará o vindeiro venres, día 2 de novembro, na biblioteca municipal de Ortigueira o seu libro “Los soldados del Tercio Norte y las tres Españas en la Guerra de Cuba”, unha obra que xurde do seu traballo como directora técnica do proxecto de selección, conservación, catalogación e difusión do arquivo do Tercio Norte desenvolvido entre os anos 2009 e 2016.

O acto está previsto para as 19.30 horas e a autora -que está en posesión da Cruz do Mérito Naval e recibiu o título de “Amiga de la Infantería de Marina”- será presentada pola concelleira de Cultura, Vanesa Trevín.

O libro ten un prólogo do coronel do Tercio Norte, Carlos Pérez-Urruti e, como apunta Ana Isabel Bello, centra o seu interese sobre todo nas persoas, nos mozos anónimos que chegaron a un territorio hostil nun momento convulso onde estaban en xogo uns intereses que non gardaban relación cos seus propios. A historia de Jerónimo Blanco, sobrevivinte do suceso de Piedra Picada, é parte importante do libro.

 

Back to top