Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

COMEZA A INSCRICIÓN PARA O CURSO “COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS”

No marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, iniciase a inscrición no curso “Coordinación de servizos de socorrismo en instalacións e espazos naturais acuáticos”, dirixido a mozos e mozas desempregados de entre 16 e 30 anos, e que inclúe ó acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3.

A formación teórico-práctica realizarase, nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia na cidade da Coruña, e a data de inicio (prevista para a última quincena de novembro) comunicarase ao longo do proceso de selección.

O prazo de inscrición péchase o MÉRCORES 14 DE NOVEMBRO ás 13.00 horas.

Nas oficinas do servizo de orientación laboral do Concello pode solicitarse toda a información e realizar as inscricións:

Centro Social. Recheo da alameda s/n, 1º Andar
981 400 000 (extensión 313)
Correo electrónico: malvarez@concellodeortigueira.com

Máis información sobre esta acción formativa na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Información sobre acción formativa “Coordinación de servizos de socorrismo en instalacións e espazos naturais acuáticos”

 

Back to top