Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

AS II XORNADAS DE SILVICULTURA ANALIZARON EN PROFUNDIDADE O ESTADO SANITARIO DO MONTE E AS MEDIDAS PARA MELLORALO

Coincidiuse na necesidade de conseguir a implicación de todo o sector

Especialistas de primeiro nivel participaron nas II Xornadas de Silvicultores celebradas no Teatro de Beneficencia, organizadas pola Asociación de Silvicultores Costa Norte e patrocinadas por Ence e o Banco Pastor.

A conclusión fundamental foi que a solución aos problemas sanitarios do monte en Galicia necesita atención, esforzó e constancia para se controlar, ademáis da implicación de todo o sector traballando conxuntamente. Así o demostra o feito de que a situación dos eucaliptais, que reciben desde hai anos tratamento biolóxico e de forma máis intensa desde 2016 tanto por parte da Xunta como da empresa Ence, está a mellorar de maneira notable. Polo contrario, os problemas dos castiñeiros -diante dos que a Xunta está a intensificar a súa actividade- xa se foron solucionando noutras partes do mundo cos tratamentos que na actualidade aplica a administración autonómica. Nas xornadas quedou de manifesto tamén que a implicación dos propietarios tanto á hora de detectar o problema como traballando conxuntamente cos seus veciños a través das asociacións forestais para coordinar os tratamentos, contribúe a acelerar as melloras.

Destacouse ademáis o aumento do orzamento da Xunta para sanidade forestal, xa que por primeira vez supera os 4 millóns de euros, así como as melloras conseguidas por Ence na loita contra o gonipterus, xa que multiplicou por catro a capacidade de tratamento biolóxico en Galicia e reduciu o custo ata menos do 20% do que suponía a finais do 2015.

Moderados polo profesor Antonio de María Angulo, os doutores especialistas Pedro Mansilla, da Estación Fitopatolóxica de Areeiro; a doutora Lombardero, da USC, e o doutor Rigueiro, tamén da USC, aportaron luz sobre as ameazas e solución para as especies presentes en Galicia, mentres que Tomás Fernández Couto, director xeral de Política Forestal de Galicia, e Federico Ruiz, xefe de I+D de Ence, presentaron as inversión e melloras que se están a realizar para especies como o eucalipto e o castiñeiro.

Ao final da xornada celebrouse un interesante debate entre os relatores, ao que se sumaron Jacobo Feijóo, representante de Asefoga, e Alejandro Oliveros, director de Ordenación Forestal de Ence, que aportaron a súas visións sobre estas cuestión e animaron á defensa conxunta e coordinada fronte a estes riscos.

Back to top