Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ortigueira acolle o sábado 31 unha nova edición da San Silvestre Ortegana

  • A saída terá lugar ás 17 horas na Alameda e realizarase un percorrido asumible tanto para os máis pequenos como para os maiores
  • Está organizada conxuntamente pola Peña Ciclista de Santa Marta e o Concello de Ortigueira
  • Animan aos asistentes para acudir disfrazados para gozar do paseo

Ortigueira, 9 de decembro de 2022. O Concello de Ortigueira, xunto coa Pena Ciclista de Santa Marta, organiza unha nova edición da San Silvestre Ortegana o vindeiro sábado, 31 de decembro.

Terá un percorrido asumible, para que poidan participar tanto maiores como pequenos e ir todos xuntos. Tanto a saída como a chegada será ás 17 horas na Alameda. Non será necesario realizar inscrición previa.

Desde o Concello de Ortigueira e o Club Ciclista Santa Marta animan a todos e todas a acudir á San Silvestre do próximo día 31 disfrazados e disfrazadas, e desta forma despedir o ano dunha forma divertida facendo deporte.

 

Back to top