Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Asociación de Comercio e Hostalería Ortegana repartirá 3.000 euros este Nadal

  • A entidade repartirá 3 premios de 1.500, 1.000 e 500 respectivamente euros para gastar nos establecementos adheridos.
  • Os gañadores ou gañadoras serán os propietarios das papeletas que conteñan o primeiro, segundo e terceiro premio da Lotería do Neno, que se celebra o día 6 de xaneiro.
  • As papeletas empezarán a repartirse este luns, 12 de decembro, ata o xoves, 5 de xaneiro.

A Asociación de Comercio e Hostalería Ortegana vai repartir 3.000 euros este Nadal para gastar nos locais comerciais adheridos á asociación.

Repartiranse 3 premios de 1500, 1.000 e 500 euros respectivamente para aqueles agraciados ou agraciadas que conteñan as papeletas que coincidan co primeiro, segundo e terceiro premio da Lotería do Neno, que se celebrará o día 6 de xaneiro.

As papeletas empezarán a repartirse este luns, 12 de decembro, ata o xoves, 5 de xaneiro.

Entregarase unha papeleta con cada compra que se realice nos locais comerciais.

Os premios terán unha caducidade de 30 días, a partir do día 6 de xaneiro que se celebra o sorteo.

Animámosvos a todos e todas, veciños e visitantes, a participar nesta campaña, que pretende fomentar o comercio local.

Back to top