Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Comeza a III Concentración de Camións, que conta con 130 inscritos

Os camións participantes chegaron ás 19 horas á Alameda e pola noite haberá unha verbena amenizada polo dúo D’Vicio.

• Mañá, sábado 5 de novembro, será a xornada principal, coa saída dos camións en caravana ata Loiba, o xantar popular e a verbena de fin de festa.

 

Ortigueira, 4 de novembro de 2022. Deu comezo a III Concentración de Camións organizada polo Concello de Ortigueira. Os 130 inscritos que participarán nesta edición chegaron hoxe ás 19 horas á Alameda, punto central deste evento.
A xornada de venres rematará cunha verbena amenizada polo Dúo D’Vicio e mañá, sábado 5 de novembro, terán lugar os actos principais da programación. Ás 12 horas os 130 camións sairán en caravana polos arredores da vila, cun percorrido que os levará ata Cuiña e desde alí a Loiba para logo volver á Alameda. Á partir das 14:30 horas haberá unha sesión vermú a cargo do grupo Pasión e ás 16 horas comezará o xantar popular, que conta con 470 persoas inscritas. Pola tarde haberá inchables gratis para os máis pequenos, sorteos e outras sorpresas e, como fin de festa, unha verbena co grupo Pasión e a orquestra Charleston Big Band.

Back to top