O Teatro da beneficencia de Ortigueira acollerá o próximo 20 de outubro o programa Toponimízate!
• Está organizado polo Concello e a Real Academia Galega
• O programa, que está aberto a todo o público, dará comezo ás 11:00 horas
O Teatro da beneficencia de Ortigueira acollerá o próximo 20 de outubro unha sesión do programa Toponimízate! Está organizada conxuntamente entre o Concello de Ortigueira e a Real Academia Galega.
Esta iniciativa pretende recuperar a microtoponimia das parroquias do municipio, incluídos os camiños, regachos, accidentes xeográficos e pequenos lugares cos que os veciños os denomina e que non están plasmados nin en mapas nin en ningún outro lugar máis aló da memoria colectiva dos maiores do lugar.
Está previsto que na sesión participen alumnos do IES de Ortigueira, pero está aberto a todo o público.
A actividade dará comezo ás 11 horas e o relator será Vicente Feijoo, o coordinador da unidade técnica de toponimia e onomástica da RAG.
En declaracións do alcalde, Juan Penabad, “este tipo de actividades son fundamentais para que vos máis novos non perdan as tradicións nin as nomenclaturas da memoria colectiva”.
“Debemos coidar ou patrimonio histórico e cultural, para preservalo e que non se perda para xeracións futuras” engadiu o rexedor.