Ortigueira acollerá unha nova edición de ‘Educar en Xustiza’
O Centro de Información á Muller do Concello de Ortigueira retoma, logo da parada provocada pola pandemia, a actividade “Educar en Xustiza” promovida pola Oficina de Comunicación do Consello Xeral do Poder Xudicial e dirixida ao alumnado de secundaria do IES de Ortigueira.
O obxectivo é que o estudantado coñeza o funcionamento do sistema de xustiza en España, con especial incidencia en aspectos como a violencia de xénero ou a responsabilidade penal do menor.
Diana Vales Lagoa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Único recibirá ao alumnado e informaraos sobre como se desenvolve un xuízo , que funcións desempeñan no mesmo a xudicatura, fiscalía, avogacía, procuradores/as ou testemuñas, entre outros. A mocidade participante tamén poderá asistir ao desenvolvemento real dun xuízo.