Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

As veciñas de Ladrido, novas protagonistas do proxecto ‘Con voz de muller’

O Concello de Ortigueira retoma o proxecto “Con Voz de Muller”, co que se busca recuperar e dar a coñecer o valor social que as mulleres foron xerando coas súas achegas á vida comunitaria e á historia das parroquias onde viven a través da súa voz, das súas palabras. Este ano a iniciativa desenvolverase na parroquia de Ladrido, durante o mes de xuño. O CIM de Ortigueira convoca a todas as mulleres maiores que queran participar a que se inscriban no teléfono 981 40 25 42 antes do 1 de xuño.
Faremos unha viaxe desde a nenez ata a vida actual das protagonistas, recoñecendo os feitos e vivencias que as definen na actualidade. Farémolo recompilando cartas, obxectos e outras anécdotas das súas vidas, así como falando dos espazos que ocupaban, das actividades ás que se dedicaban e dos aspectos da súa contorna nos que foron axentes de cambio. Todo isto quedará plasmado no libro “Con Voz de Muller, Ladrido”.
Back to top